Unha mesa de traballo permanente potenciará o Camiño Portugués
Por Redacción
A secretaria xeral de Turismo, Nava Castro, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, os alcaldes de 12 concellos por onde pasa o Camiño Portugués, o presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, Tino Lores, e técnicos da Xunta e da institución provincial acordaron este martes constituir unha mesa de traballo permanente para potenciar esta ruta xacobea que xa acadou no ano 2013 os 50.000 peregrinos.
A Deputación de Pontevedra que será a sede da devandita mesa de traballo á que se incorporarán, en próximas reunións, o xefe de Patrimonio da Xunta na provincia e un representante da iniciativa privada. A mesa reunirase tres veces ao ano.
O Camiño Portugués foi utilizado por máis de 50.000 peregrinos ao longo do ano 2013, dos que perto dun 52% eran estranxeiros. A cifra representa o 20% dos usuarios de todos os Camiños Xacobeos polos que, o ano pasado, pasaron 215.000 peregrinos.
O Camiño Portugués conta con 441 plazas nos albergues a todas luces insuficientes, polo que sería bó que se sumáse a esta mesa a iniciativa privada, dixo Louzán.
Na xuntanza deste martes acordaron levar a cabo un Plan de Accesibilidade no Camiño para o que contratarán un proxecto a unha consultora e, en función del, determinar a contía da inversión para o que "a Deputación tén disponibilidade presupuestaria", segundo informou Louzán.
Outros dos acordos acadados foron realizar obras de mellora da seguridade vial no Camiño en vista dalgúns accidentes acaecidos recentemente en cruces e puntos concretos do tramo. Para esto Louzán lembrou que, ademáis das 800 prazas de traballo convocadas pola Deputación para que os concellos leven a cabo obras municipais, designaránse outras 200 para constituir 4 ou 5 brigadas que melloren a seguridade no Camiño. Estas brigadas levarán a cabo tamén obras de limpeza e sinalización.
Nava Castro suliñou que o Camiño "é a imaxe internacional de Galicia e conta con miles de seguidores e centos de asociacións no mundo polo que representa un potencial turístico, económico, social e espiritual que hai que coidar e potenciar".
PROLONGACIÿN A LISBOA Y FARO
Pola súa banda, Louzán anunciou que, dentro dos plans futuros do Camiño e de cara ao Ano Xacobeo de 2021, estáse a estudiar a prolongación do Camiño Portugués ata Lisboa e Faro. Indicou tamén que a Xunta e a Deputación xa investiron 300.000 euros no tramo pola provincia, obras que serán visitadas en breve.
Os concellos da provincia polos que pasa o Camiño Portugués son os de Tui, Porriño, Mos, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures.
Relacionadas:
-
Un millón de euros e 100 traballadores para potenciar o Camiño Portugués en 12 concellos pontevedreses
Por Redacción |
-
O Camiño Portugués espera bater o seu récord de peregrinos
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra será "epicentro" dun Camiño Portugués que busca igualar o francés no próximo Ano Xacobeo
Por Alejandro Espiño |
-
O Camiño Portugués incrementa o número de peregrinos fronte ao Francés
Por Redacción |