Autopistas del Atlántico licita as obras de ampliación de Rande
Por Redacción
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este martes a licitación das obras para ampliar a Ponte de Rande e os enlaces de Cangas e Teis da AP-9.
O presuposto base para licitar o proxecto de ampliación da capacidade do viaduto é de 174 millóns.
O prazo de execución é dun máximo de 30 meses de modo que o desdobramento quede finalizado ao longo da primeira metade do ano 2017. Ata o mes de setembro as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas.
A ampliación levarase a cabo coa creación dun novo carril en cada sentido no exterior do actual taboleiro da ponte, cunhas suxeicións tensadas similares ás xa existentes.
O novo carril en sentido norte permitirá continuar cara a Pontevedra, e mesmo haberá a posibilidade de acceder dende as dúas zonas ampliadas aos carrís da ponte orixinal.
A cambio de que a concesionaria da autoestrada se faga cargo do custo das obras, o Goberno permitirá á empresa recuperar o seu investimento a través da aplicación dun 1% de peaxe extraordinaria durante un período de 20 anos.