Os traballos para rexenerar a praia da Carabuxeira comezarán tras o verán
Por Redacción
Os traballos do proxecto para lograr a rexeneración da praia de Carabuxeira en Sanxenxo comezarán despois do verán, segundo anunciou o vicepresidente da empresa pública Nauta Sanxenxo, Salvador Durán.
O documento estará listo nun prazo de quince días e recollerá as suxestións realizadas pola Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar. Desta forma, construirase un espigón rampla realizado en bloques de formigón, que se adaptará á topografía descendendo de cota ata entroncar cos baixos rochosos. A superficie recubrirase con cachotaría de pedra para embelecela e ao mesmo tempo sirva como zona de fixación de novas comunidades biolóxicas.
Ademais, o proxecto incluirá un novo dique de apoio, como suxire o Ministerio de Medio Ambiente, na parte oeste do areal para compensar a oblicuidade da ondada e desta forma, poder evitar a perda de area cara ao interior do porto.
Segundo Salvador Durán, as obras intentarán "utilizar ambos diques para dar solución aos regatos que desembocan en Carabuxeira, de xeito que alberguen a canalización da tubaría e actúen como emisarios". Apuntou a que cando finalice o proxecto de execución se verán as posibles vías de financiamento desta obra. O proxecto considera tamén a realimentación da praia co depósito de 25.000 metros cúbicos de area fina.
Relacionadas:
-
Nauta Sanxenxo pedirá un crédito para financiar a rexeneración da praia de Carabuxeira
Por Redacción |
-
Nauta Sanxenxo investirá máis dun millón de euros en rexenerar a praia de Carabuxeira
Por Redacción |
-
Sanxenxo inclúe na rexeneración da Carabuxeira as directrices do Ministerio
Por Redacción |
-
Medio Ambiente insta a Sanxenxo a construír un novo dique para rexenerar a praia de Carabuxeira
Por Redacción |