A humanización do campus ou o novo edificio de Belas Artes, entre as demandas ao reitor trala súa reelección
Por Redacción
O concelleiro de Educación do Concello de Pontevedra, Agustín Fernández, remitiu unha carta ao recientemente reelixido rector da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, na que lle recorda os compromisos adquiridos pendentes de execución na cidade.
Entre estes asuntos pendentes atópase en primeiro lugar a humanización do campus, un proxecto que pretende a reforma do espazo universitario e no que o responsable municipal de educación entende "durante esta última etapa, a Universidade ten feito moi pouco por corrixir".
Outro dos temas referidos na misiva é a futura residencia universitaria, compromiso que, recorda Fernández, figuraba no programa electoral de Mato no seu anterior mandato.
Tras "abandonar sen explicación" o proxecto de utilizar as instalacións da ONCE, o concelleiro entende que se trata dunha idea que "necesita ser retomada e cumprida urxentemente".
Entre as reivindicacións de Agustín Fernández atópanse tamén a construción do Edificio das Artes, futura sede da Facultade de Belas Artes e a Escola de Restauración.
Ademais o concelleiro mostra a súa preocupación"pola escasa información dispoñible sobre o proceso de creación da Facultade de Enfermería do Sur de Galicia" e refírese aos estudos da Escola de Deseño e Moda de Galicia (Esdemga) e á Escola de Restauración de Bens Culturais de Galicia, recoñecendo a dificultade da súa inclusión no mapa universitario malia a súa importancia para a cidade.
Para rematar Fernández mostra na carta dirixida ao rector o seu apoio ao proxecto Campus Crea que ten previsto poñer en marcha a universidade.