O observatorio económico local é "un paso", pero o PP valora que "llega muy tarde"
Por Redacción
O Consello Económico e Social (CES) de Pontevedra aprobou este martes crear un observatorio que defina claramente a situación económica local, unha proposta que puxo sobre a mesa a representación do PP e que, tras a celebración da reunión, o concelleiro César Abal valora como "punto de partida" para empezar a avanzar en politicas de emprego impulsadas a nivel local.
A pesar de que valora que "es un paso" e de que o ve como fundamental para poder empezar a traballar na materia, César Abal valora que "obviamente es un poco tarde, son 16 años tarde" porque dende que o BNG chegou á Alcaldía non se fixo ningún estudo similar. Ao respecto, critca que en Pontevedra non existe ningún informe e calquera cidadán que queira abrir un negocio non dispón de datos concretos da cidade "para apoyarse y tener una guia para que su negocio tenga más posibilidades de funcionar".
"Llega muy tarde, pero algo hay que hacer", sinalou César Abal para defender a súa creacion, pois ata que este observatorio bote os primeiros estudos non se poderá traballar realmente polo emprego. Na súa opinión "había que haberlo hecho mucho antes", pero agora que xa se creou traballarán para axudar a impulsalo.
Segundo explicou, o interese dos 'populares' é activar o CES para que "funcione como un auténtico suministrador de ideas" e como un consello que se centre en "trabajar por el empleo y por la ciudad y por aportar soluciones". A súa intención é promovelo porque, na súa opinión, se dedican a "debatir debatir debatir y nunca han dado ninguna solución".
César Abal valorou a achega que realizaron todos os sindicatos e axentes sociais presentes no estudo, pero criticou como "una tomadura de pelo" que o grupo municipal nacionalista non achegase ningún informe serio sobre a situación socieconomica da cidade, senón un documento de 15 páxinas que "parece un chiste" e é "de mal gusto".
O 'popular' compareceu en rolda de prensa para valorar o CES e valorou a proposta do grupo municipal socialista de dotar de máis fondos o Plan de Emprego municipal. Nos presupostos deste ano conta cun presuposto de 150.000 euros, unha cantidade que lles parece "insuficiente" e a recomendacion do CES co apoio de todos os presentes é que se amplíe.
O ALCALDE VALORA POSITIVAMENTE A REUNIÿN DO CES
Pola súa banda Miguel Anxo Fernández Lores valorou como "positiva" a reunión do Conselo Económico e Social como ferramenta para coñecer opinións e propostas dos organismos representandos, aínda que asegura que "ás súas aportacións están cada vez máis dificultadas".
Refírese ao alcalde á lei de réxime local que limita as competencias municipais e "quítanos todas as posibilidades".
Lores cualifica de "situación de stanby" a do Concello, posto que "cada cousa que queremos facer en relación coa actividade económica ten informes en contra dos técnicos municipais mentres esta situación non se aclare", sentenciou o rexedor.