Unha fotografía de PontevedraViva é portada en Vaya tele!
Por Redacción
Os pontevedreses que durante a mañá do 14-N participaron na manifestación e se concentraron na Praza de España foron hoxe portada da web Vaya tele!, páxina de referencia sobre a televisión en España na rede.
Esta publicación decidiu seleccionar o traballo do fotógrafo Diego Torrado de PontevedraViva para ilustrar a información de Manuls titulada "El consumo televisivo se mantiene estable en todas las franjas durante la huelga general" na que se analizan as audiencias durante a xornada de folga e se compara o consumo televisivo durante este mércores co mércores anterior.
Unha vez máis, o traballo que se desenvolve en PontevedraViva é escollido por outras webs de relevancia e serve para dar unha maior dimensión ás actividades e acontecementos que se desenvolven en Pontevedra. A web Vaya tele! é a rede de referencia en información sobre audiencias, contidos e programación das canles televisivas en España.