As oficinas de Correos de Pontevedra recollen comida esta semana para colaborar cos bancos de alimentos
Por Redacción
As oficinas de Correos en toda a provincia convértense, durante esta semana do 24 ao 29 de marzo, puntos de recollida de alimentos infantís, conservas, legumes, aceite, pasta, arroz e outros alimentos non perecedoiros co obxectivo de colaborar na loita contra a fame coa Federación Española de Bancos de Alimentos (Fesbal).
Unha vez que finalice a colecta, os equipos de Correos Solidariedade, o programa de voluntariado corporativo, clasificarán e realizarán o reconto dos produtos que serán, posteriormente, distribuídos por Fesbal.
Durante o mes de novembro, Correos colaborou tamén coa 'Gran Recollida' de Banco de Alimentos na que participaron 450 voluntarios na captación de 14 millóns de quilos de alimentos que se conseguiron en toda España.