Inician os traballos de mellora da seguridade viaria no ámbito do CEIP Carballal
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Máis seguridade viaria e unha aposta firme pola mobilidade. Eses son os eixos sobre os que pivota o proxecto de repavimentación e mellora da seguridade viaria no ámbito do CEIP Carballal.
As obras, adxudicadas por algo máis de 53.000 euros á empresa COVISA, xa están en marcha.
Esta actuación beneficiará ao vial perimetral do centro educativo, actuando sobre 3.200 metros cuadrados de superficie, o itinerario obligado de acceso ao centro escolar.
Suporá unha mellora significativa en canto á seguridade viaria e á ordenación do tráfico rodado e peonil, cunha nova distribución dos espazos da vía.
Actualmente, o estado do vial é desordenado, cun pavimento na calzada en mal estado, un tipo de estacionamento de vehículos desorganizado e cun itinerario peonil escasamente sinalizado.
Así, rehabilitarase o pavimento do firme da vía, implementarase itinerarios peonís seguros, colocaranse reductores de velocidade en puntos estratéxicos que contribúan ao calmado de tráfico no entorno do centro e renovarase a sinalización horizontal e vertical.
Ademais, realizarase unha limpeza e desbroce das marxes e das cunetas.