'Lume' recolle en Vilagarcía o drama dos incendios forestais
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/7cb/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66856e7b92-061a4398.jpg)
© Afundación
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/4d2/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66856e1760-061a4476.jpg)
© Afundación
Ata o 30 de xullo, trece paneis ofrecen fotografías do últimos quince anos realizadas por profesionais da imaxe en Galicia recollendo a problemática dos incendios forestais.
O colectivo OLLO, en colaboración con Afundación e o Concello de Vilagarcía, convida a visitar esta mostra na avenida da Mariña, antiga Capitanía, en Vilagarcía de Arousa.
'Lume. Imaxes dunha terra que arde' reflicte a mirada persoal de fotoperiodistas co obxectivo de emocionar e de sensibilizar aos espectadores sobre o drama que se rexistra nos montes galegos con frecuencia.
Vanessa Casteleiro, Óscar Corral, Agostiño Iglesias, Brais Lorenzo, Adra Pallón, Óscar Pinal e Paula Quiroga son os profesionais que se atopan detrás das imaxes.
Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía, visitaba esta exposición durante a xornada inaugural deste mércores.