Prohíben aparcar na rúa Antón Vilar Ponte para non bloquear as entradas ás vivendas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Reducir a inseguridade peonil. É o obxectivo co que o goberno municipal impulsou unha intervención na rúa Antón Vilar Ponte, un vial interno de uso residencial que une San Antoniño coa Rúa Altamira e con Fernando Olmedo.
Trátase dun espazo que, segundo o Concello, ata unhas semanas se empregaba como bolsa de estacionamento, un uso que dificultaba a entrada ás vivendas e causaba inseguridade aos veciños e viandantes que empregan a rúa para cruzar entre San Antoniño a Fernando Olmedo.
O concelleiro responsable de espazos públicos, Xaquín Moreda, ordenou hai uns días o pintado de sinalización horizontal e vertical na rúa prohibindo o estacionamento.
Agora, esta actuación complementarase coa instalación de bancos e unha intervención na calzada que pretende mellorar a imaxe do espazo urbano.
Estas intervencións, que teñen carácter temporal, realízanse mentres o Concello traballa en implementar un proxecto que mellore todo o barrio e a calidade de vida da veciñanza.