Presentan a programación da LV Festa do Carneiro ao Espeto
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64c6705fca-img_0622.jpg)
© PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/9d2/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66842bdc6b-presentacion-carneiro-espeto-copia.jpg)
© Concello de Moraña
O Concello de Moraña vén de presentar a programación da LV Festa do Carneiro ao Espeto, que se celebrará ao longo deste mes de xullo.
Esta exaltación gastronómica, cualificada de Interese Turístico, prolongarase entre o xoves 4 e o domingo 28 de xullo, día do Gran Xantar Popular, que acaba de pechar as prazas tras vender todos os lotes de asado.
A programación comezará o xoves 4 de xullo coa inauguración da exposición "Nós Tamén Fomos Emigrantes". A fin de semana abrirase a Feira de Artesanía.
A seguinte semana, o venres 12, haberá a degustación de tapas "Espétalle un Pincho" dos locais de hostalería na Carballeira de Santa Lucía.
A terceira semana festiva terá contacontos, concertos, carreira popular e teatro nocturno.
A Semana Grande arrancará coa festa acuática e cine na rúa, festas infantís e a exposición "Capaces de Todo" da Asociación de Mulleres Rurais, entre outras actividades.
O domingo 28 celebrarase o Xantar Popular do Carneiro ao Espeto na Carballeira de Santa Lucía, e xa polo serán, os concertos de Roi Casal, Grupo América e La Duendeneta.