19 traballadores encarganse de rozar o rural das sete parroquias sanxenxinas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo conta desde maio cun importante reforzo de traballadores no departamento de Obras e Servizos, dirixido por Yago Torres, con contratos que, nalgunhas áreas como rozas, xardíns e obras finalizarán, en determinados casos, a mediados de novembro con contratos de ata seis meses.
O persoal conformado na actualidade por 56 traballadores repártese entre mantemento de xardíns, obras e servizos, praias e rozas no rural.
Pero é a área de rozas a que experimenta un maior incremento tanto de persoal como de medios cun total de 17 operarios e dous tractores desbrozadores. O traballo divídese por cuadrillas que traballan de forma simultánea polo rural das sete parroquias.
Tamén a área de xardíns debido ao incremento destes espazos nos últimos anos no municipio aumenta ata os 16 operarios.
Doutra banda, desde o Concello de Sanxenxo ínstase os propietarios de parcelas particulares a mantelas nas condicións de seguridade, salubridade, accesibilidade e ornato, tal e como indica a lei 2/2008 do 10 de Lei do Solo de Galicia. As sancións por incumprimento van desde os 1.000 ata os 10.000 euros.