Logran capturar un bovino de máis de 500 kg que circulaba libremente por Caldas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b1b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/667965657a-001.jpg)
© Concello de Caldas de Reis
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/3bf/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/667965bf98-003.jpg)
© Concello de Caldas de Reis
Un touro de gran tamaño levaba catro días causando preocupación nos municipios de Caldas, Cuntis e Portas.
Segundo relatan desde o Concello de Caldas, a súa presenza chegou a provocar algún susto aos condutores das estradas destas vilas.
Por este motivo, un grupo de dez veciños, axentes da Policía Local, voluntariado de Protección Civil e tamén concelleiros da corporación de Caldas decidiron iniciar un traballo de procura do exemplar de máis de 500 kg de peso polos montes de Arcos, Santa María e San Andrés.
Ao Concello de Caldas preocupáballe que puidese causar algún accidente de circulación xa que o animal movíase libremente ou que causase danos en propiedades privadas.
Despois de varios días de procura, o equipo de procura lograba capturalo no interior dunha leira dunha casa no lugar de Paradivas, na parroquia de San Andrés.
Inicialmente o animal ao verse acurralado alterouse ante a presenza das persoas que lle rodeaban. Foi necesario esperar a que se acougase para conducilo a un curral próximo, segundo as mesmas fontes.
Na acción colaborou tamén persoal de Protección Civil de Cuntis e de Portas, ademais de veciñanza de Briallos.