Acometen o pintado do acceso á N-541 desde a Praza do Concello, en Cerdedo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade remata a sinalización horizontal do vial de acceso habilitado entre a N-541 e a Praza do Concello, en Cerdedo.
Nesta contorna a administración local investiu en todo o proceso uns 100.000 euros para favorecer a accesibilidade e a mobilidade da veciñanza.
Estes traballos acometidos polo Concello permiten tamén delimitar estacionamentos para vehículos na zona co que se garante o acceso das persoas a realizar compras en establecementos comerciais da vila así como xestións nas oficinas municipais de Cerdedo.
Ademais, pintáronse sinais de seguridade vial para favorecer unha maior identificación por parte dos conductores na súa incorporación á N-541.
Tanto o alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, como a veciñanza valoraron moi positivamente o resultado destas actuacións e "demostran que a apertura deste vial foi un acerto xa que se mellora substancialmente a imaxe urbana desta zona ao tempo que tamén se gaña un espazo para a veciñanza moi importante", dixo Cubela.