Máis horas de estudo na Biblioteca de Marín
Por Redacción
A Biblioteca de Marín ampliará o seu horario de apertura ata o venres 12 de xullo, segundo anuncia o Concello.
A intención é ofrecer servizo a estudantes que aínda se atopan en período de exames nesas datas e precisan utilizar este edificio.
Ata o de agora, todos os anos o 1 de xullo establecíase horario unicamente matinal.
Een este 2024, durante as dúas primeiras semanas dese mes, a Biblioteca terá horario ininterrompido de 09.00 a 21.00 horas.
Será a partir do 15 de xullo cando se inicie o horario de verán, de 09.00 a 14.30 horas. Continuará con esta fórmula ata o venres 20 de setembro.