A plataforma única de Silgar estará rematada este venres cun total de 144.000 lastras azuis
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a7f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6669c8135a-whatsapp-image-2024-06-12-at-18.06.46.jpeg)
© PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/543/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6669a20e48-plataforma-unica-2.jpeg)
© Concello de Sanxenxo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0d6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6669c848b2-whatsapp-image-2024-06-12-at-18.06.46-1-.jpeg)
© PontevedraViva
Sanxenxo estreará nova unha fachada marítima este venres, 14 de xuño, cando está previsto que conclúa a plataforma única coa colocación de 144.000 lastras azuis.
Un traballo realizado nun total de 9 días no que, un equipo formado por 8 persoas, en exclusiva, encargáronse da instalación peza a peza nunha superficie de 4.783 metros cadrados.
A empresa adxudicataria, Construcións Castro Figueiro, mobilizou a un total de 50 traballadores que en dúas quendas encargáronse de realizar a obra en Avenida do Porto, Paseo de Silgar e Rúa Madrid. Aínda que os traballos previos como o fresado e as canalizacións comezaron antes, a instalación das pezas, de 9 quilogramos cada unha, iniciouse o pasado mércores, 5 de xuño.
O alcalde, Telmo Martín, lamenta as molestias ocasionadas polas obras e agradece a comprensión e apuntou que "está a merecer a pena".
O vindeiro sábado, recuperarase o tráfico rodado habitual, cunha excepcionalidade, no tráfico pesado. Os camións de máis de 3,5 toneladas que queiran acceder a esta zona pola plataforma única deberán solicitar permiso na Policía Local.
O obxectivo da actuación é mellorar a seguridade viaria e afianzar a prioridade peonil que se puxo en marcha no Paseo de Silgar, a Rúa Madrid e a Avenida do Porto co pintado do vial. Así, no mesmo espazo convivirán peóns e vehículos, pero nunha zona de tráfico acougado.
Ademais das instalacións de saneamento, melloráronse as instalacións lumínicas, renovando farois e cambiando luminarias por outras máis eficientes e, as do tramo de Rúa de Madrid ata a intersección coa Rúa Cesteiros, por outras de tecnoloxía led.
Relacionadas:
-
Habilitan catro zonas de carga e descarga no centro de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Rúa Madrid estrea novos farois e o entroque de Vidal Rocha e Paseo de Silgar, zona axardinada
Por Oskar Viéitez |
-
Habilitan un itinerario para manter aberto o aparcadoiro de Nauta
Por Oskar Viéitez |
-
Trece días de obras para converter o Paseo de Silgar en plataforma única
Por Redacción |
-
O Paseo de Silgar e a Rúa Madrid terán plataforma única e prioridade peonil
Por Redacción |