Estudantes do obradoiro de emprego realizarán prácticas no Centro de Día
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Centro de Día destinado a persoas maiores, que a Xunta de Galicia xestiona en Marín, será o espazo en que realizará prácticas o alumnado da especialidade de Atención sociosanitaria do taller de emprego da vila
Este mércores asinaban un convenio de colaboración Perfecto Rodríguez, xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, con María Ramallo, alcaldesa de Marín.
Este acordo permite aos estudantes ampliar os seus coñecementos e desenvolver as súas primeiras experiencias laborais nun centro no que se atende a persoas de idade avanzada.
Esta opción permite que o alumnado realice as prácticas nas proximidades ao lugar onde residen.
Os estudantes ocuparanse de planificar as tarefas para actividades de apoio ás persoas usuarias do centro de día, ademais realizarán intervencións de carácter psico-social baixo a orientación técnica de profesionais do centro e asumirán actividades relacionadas coa integración na comunidade, entre outras funcións que se recollen nas prácticas non laborais.