Unha axencia de viaxes e unha firma de actividades deportivas, novedades do sistema de calidade turística de Sanxenxo
Por Redacción
Sanxenxo aspira a que 80 firmas relacionadas co sector turístico formen parte do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED), un selo de calidade impulsado por Turespaña. Entre os establecementos que se poderían incorporar, se reciben o visto bo gobernamental, estarían unha axencia de viaxes e unha firma de actividades deportivas, o que ampliaría o abano de empresas que contan con este distintivo.
"Se conseguimos ese obxectivo, Sanxenxo contaría cunha cifra elevadísima de firmas distinguidas con este selo, se temos en conta que en total, en Galicia hai 375 empresas adheridas a este distintivo, o que referenda a nivel nacional a importante labor que se desenvolve nun municipio turístico de primeiro nivel como é Sanxenxo", segundo a concelleira de Turismo, Almudena Aguín.
Das 19 empresas que se sumaron a este plan na convocatoria 2012-2014, ademais das dúas antes mencionadas, foron 12 as que superaron as auditorias e avaliacións, das que seis pertencen ao oficio de hoteis e apartamentos, tres a cafés e bares e un ao de comercio.
Á súa vez, aqueles establecementos que lograron o distintivo o ano pasado, tiveron que superar agora un auditoria de seguimiento na que o persoal da concellería de Turismo e de Turismo de Sanxenxo, formador, asesor e evaluador deste selo, constatou o correcto cumprimento dos requisitos recolleitos no manual de boas prácticas. E o mesmo ocorreu cos 56 aspirantes a renovar o selo conseguido no plan de 2010-2012.
Nesta edición, Sanxenxo aspira a que sexan 80 as empresas que formen parte deste sistema das que 42 son hoteis e apartamentos, 8 son bares e cafeterías, 7 son comercios, 4 restaurantes, 3 casas rurais, 3 praias, 2 camping, 2 taxis, unha bodega, unha firma de seguridade cidadá, o porto deportivo Juan Carlos I, a Oficina de Turismo de Sanxenxo, unha axencia de viaxes, unha empresa de actividades deportivas e de lecer e unha academia, ademais de Turismo de Sanxenxo e CETS.
Unha vez analizados os informes de adhesións por parte da Mesa para a Calidade Turística, Turismo de Sanxenxo remitirá as candidaturas ao Comité Interdestinos que examinará a documentación de cara á integración ou renovación dos distintivos.