A escola de música de Caldas ofertará 175 prazas para o curso que vén
Por Redacción
Xa está aberta a reserva de praza na escola municipal de música de Caldas de Reis para o próximo curso. Haberá dispoñibles unhas 175 prazas para os nenos e nenas que estean interesados en ampliar os seus estudos musicais.
O tenente de alcalde, Manuel Fariña, fixo un chamamento á rapazada da vila para que se incorporen á escola, "xa que Caldas tradicionalmente unha vila moi unida á música".
A escola, baixo a xefatura de estudos de Milagros Valiño, ofrece diversos estudos musicais a través de plans de estudo flexibles e abertos aos intereses do alumnado.
Oferta clases de guitarra, piano, percusión, clarinete, trompeta, bombardino, trombón, trompa, tuba, saxofón e violín, ademáis de formación de linguaxe musical, banda e diversas agrupacións.
Para inscribirse é preciso presentar o formulario cuberto no Rexistro do Concello.
Poderán facer a súa reserva de praza todas as nenas e nenos de máis de catro anos e, aínda que terán preferencia os alumnos que renoven a matrícula, haberá posibilidade de novas incorporacións.
Fariña subliñou que o curso vixente será o primeiro no que todo o profesorado sexa estabilizado como persoal laboral fixo do Concello, afectando esta mellora ás oito prazas de traballo.