A Xuntanza de Maiores de Poio estréase con 400 persoas na Seca
Por Redacción & Cristina Saiz
Ao redor de 400 persoas participaron este domingo na I Xuntanza de Maiores de Poio.
A cita, organizada na Seca, contaba con xantar popular, música en directo e baile, supuxo "un éxito rotundo, ao superar todas as expectativas", recoñece desde o goberno local a concelleira de Benestar e Igualdade, Natividad Torres.
"Había moitas gañas entre os maiores para gozar no seu propio concello dunha xuntanza destas características", asegura.
A carpa instalada na Reiboa, converteuse desde as 13.00 horas nun punto de encontro.
A comida tiña un prezo de 20 euros cun menú composto por callos, carneo ao caldeiro, bebidas e sobremesa como aperitivo dunha tarde amenizada pola música en directo do Dúo Prisma e que incluíu sorteo de agasallos entre os participantes.