A Semana Santa pontevedresa celebrará unha nova procesión o Luns Santo
Por Oskar Viéitez
A Xunta Coordinadora para a Semana Santa de Pontevedra 2014 informou que na súa última reunión aprobou, por unanimidade, que a Confraría da Veracruz poida procesionar en solitario o Luns Santo coa imaxe do Nazareno que estará exposto na igrexa conventual de Santa Clara durante a Semana Santa.
Dende esta Confraría valoran esta novidade como "unha gran noticia" para a Semana Santa pontevedresa xa que "desta forma recuperamos unha tradición perdida nos anos 60 na que se procesionaba o Luns Santo".
Este ano a Confraría da Veracruz procesionará:
- O Domingo de Ramos coa Banda Veracruz.
- Luns Santo co Nazareno das Caídas
- Xoves Santo na Procesión dos Pasos.
- Venres Santo na Procesión de "O Encontro" e na Procesión do Santo Enterro.
Dende a Xunta Directiva da Confraría animan a todos os cidadáns "a participar da nosa confraría, xa sexa como costaleiros ou como cofrades portando farol que tanta falta nos fan".