A Fiscalía pide cinco anos de prisión para un camelo que ocultaba a droga no cadro de contadores dun edificio de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
A Sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou para este xoves día 4 de abril un xuízo por un delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.
A Fiscalía pide para o acusado unha condena de cinco anos de prisión e multa de 2.836 euros.
O encausado, de nacionalidade española, de 35 anos de idade, e sen que lle consten antecedentes penais computables aos efectos de reincidencia, sobre as dúas da madrugada do 20 de xullo de 2022, no interior dun portal da localidade de Sanxenxo, foi sorprendido por unha dotación policial mentres se apoderaba dunha bolsa de coiro de cor marrón que se atopaba agochada no interior do cadro de contadores da luz do devandito edificio.
Esta bolsa contiña no seu interior vinte pequenas bolsas de plástico de cor verde con sustancia en po branco que resultou ser 16,154 gramos netos de cocaína, cunha pureza do 26,95 %. Tamén había outros seis envoltorios de plástico de cor verde con sustancia en po branco que resultou ser 7,981 gramos netos de cocaína, cunha pureza do 24,8 %. E tres envoltorios de plástico transparente que contiñan unha substancia de cor marrón, que resultou ser 18,888 gramos netos de resina de cannabis, cunha pureza do 26,1%.
A Fiscalía considera que estas substancias as tiña agochadas o encausado co propósito de proceder á súa distribución lucrativa no mercado ilícito.
Ditas substancias acadarían no mercado ilícito un valor aproximado de 825,48 euros a cocaína e 120,12 euros o haxix.
O encausado é consumidor habitual de substancias psicótropas así, cocaína e cannabis, sen que conste na causa se ao momento dos feitos tiña alteradas nin leve nin moderadamente as súas capacidades volitivas e cognitivas.
Relacionadas:
-
Dous xuízos por tráfico de drogas polo miúdo en Pontevedra e Sanxenxo acaban en conformidade e ano e medio de cárcere
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Enfróntase a catro anos de prisión por vender unha papelina de cocaína na praza de España
Por Natalia Puga |
-
Condenado por ameazar e acosar á súa ex, que tivo que mudarse dúas veces
Por Natalia Puga |
-
O TSXG propón a creación de xulgados novos en Vilagarcía e Pontevedra e outro maxistrado para a Audiencia
Por Natalia Puga |
-
Expulsado da Garda Civil polo "grave dano" que causou á institución ao cometer un delito de violencia de xénero
Por Natalia Puga |