VÍDEO.- Piden axuda para localizar dous mozos que roubaron un cabritiño en Poio a plena luz do día
Por Diego Espiño
A Policía Local de Poio solicita a colaboración cidadá para dar cos autores dun curioso furto.
Trátase de dous mozos que, o pasado venres 29 de marzo, saltaron o muro dunha leira na rúa Benigno Esperón, colleron un cabritiño e escaparon co animal como botín.
O furto produciuse á primeira hora da mañá do citado venres, ao redor das 7.40 horas.
Os presuntos autores do roubo escaparon á carreira cara á rúa Rosalía de Castro, momento no que foron gravados en vídeo.
Esas imaxes compartiunas a propia Policía Local pedindo aos veciños que se saben algo do suceso colaboren para poder dar cos responsables.