Mércores 3 de abril, data de inicio da campaña da Renda
Por Redacción
A campaña da Renda e Patrimonio, correspondente ao exercicio de 2023, iníciase o mércores 3 de abril, segundo anuncia a Axencia Tributaria. O prazo de presentación finalizará o luns 1 de xullo deste 2024.
Os calendarios que marcan para a presentación por internet establécense entre o 3 de abril e o 1 de xullo.
A partir do 7 de maio, a Axencia Tributaria confeccionará a declaración por teléfono ata a data de finalización da campaña. A solicitude de cita telefónica deberá realizarse entre o 29 de abril e o 28 de xuño.
Do 3 de xuño ao 1 de xullo de 2024 tamén se establece a opción de realizar a declaración presencialmente nas oficinas da Axencia Tributaria. A cita deberá solicitarse entre o 29 de maio e o 28 de xuño.
A cita deberá solicitarse a través de internet ou chamando aos seguintes números de teléfono: 91 535 73 26 - 901 12 12 24 ou 91 553 00 71 - 901 22 33 44.