Aumentan nun 23% os buques mercantes que fixeron escala no porto de Marín no inicio de 2024
Por Anxo Lourido
O Porto de Marín segue en crecemento, segundo os datos facilitados pola Autoridade Portuaria derivados do tráfico rexistrado ao longo dos dous primeiros meses deste 2024.
Desta forma, producíase un crecemento acumulado do 17,64% durante xaneiro e febreiro, en comparación con ese mesmo período en 2023.
Os datos ven impulsados polo aumento das descargas de graneis sólidos que suman un total de 238.000 toneladas, un 41% máis que a cifra obtida o ano pasado.
Tamén ascende a mercadoría xeral convencional aproximándose ao 10%. Ademais, o número de barcos mercantes que fixeron escala en Marín se incrementou un 23% entre os dous primeiros meses.
Neste martes 19 atópanse operando nas instalacións portuarias cinco grandes mercantes con carga e descarga de contedores, descarga de produtos siderúrxicos, descargas de madeira e carga de pasta de papel. Estas operacións suman un total próximo ás 63.000 toneladas.
José Benito Suárez Costa, presidente da Autoridade Portuaria, prevé que o primeiro trimestre do ano será de crecemento "xa que o mes de marzo está a seguir a mesma liña ascendente dos dous anteriores e esperemos poder manternos nesta liña o resto do exercicio", afirmou.
A intención de Suárez Costa é seguir aumentando en porcentaxe de mercadorías e tamén en diversificación de tráficos coa idea de captar novos clientes nunha contorna "cada vez máis complexo e competitivo", advertiu o máximo responsable da Autoridade Portuaria.
Relacionadas:
-
Unha empresa da Coruña derrubará o antigo depósito de auga salgada do Porto de Marín
Por Redacción |
-
Suárez Costa dá conta ao Consello de Administración do balance de xestión portuaria do 2023
Por Redacción |
-
Recala en Marín o buque Pyxis Ocean, o primeiro cargueiro propulsado por enerxía eólica
Por Redacción |
-
O Porto de Marín retirou 1.337 toneladas de residuos durante o ano pasado
Por Redacción |
-
O Porto de Marín mantivo en 2023 o tráfico de mercadorías por encima dos 2,1 millóns de toneladas
Por Redacción |