O sacerdote William Mora dá inicio aos actos previos da Semana Santa coa lectura do pregón
Por Mónica Patxot & Redacción
O Teatro Principal acollía na tarde deste luns 4 o acto de inicio dos oficios relixiosos previos á Semana Santa pontevedresa, que se vai desenvolver na última semana do mes de marzo.
O sacerdote nicaraguano William Mora, que se atopa acollido na parroquia da Basílica de Santa María, foi o encargado de dar lectura ao pregón tradicional.
Na súa exposición fixo referencia ao seu pasado en Nicaragua en relación coa súa actual vida en Pontevedra.
Na pantalla de proxeccións expoñíase o cartel que David Campos realizou para a Semana Santa deste 2024 no que figura a imaxe da confraría da Veracruz.
Ao acto acudía, entre outras autoridades, o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado da concelleira e senadora do Partido Popular, Pepa Pardo.
Relacionadas:
-
O certame de bandas de cornetas e tambores abrirá a Semana Santa en Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra completa o ciclo de conferencias con motivo da Semana Santa
Por Redacción |
-
O Edificio Castelao acolle unha conferencia sobre as imaxes da Pascua pontevedresa na arte
Por Oskar Viéitez |
-
Todas as confrarías mixtas e cambio de percorrido, as novidades da Semana Santa en Pontevedra
Por María José Pita |
-
A Semana Santa pontevedresa ultima os seus preparativos e presume de imaxe "fresca e creativa"
Por Alejandro Espiño |