Figuras internacionais do baile cítanse na Arousa Westie Fest en Sanxenxo
Por Redacción
O baile será protagonista en Sanxenxo coa celebración, desde este xoves 22 e ata o vindeiro domingo 25 de febreiro, do Arousa Westie Fest.
Trátase dun festival que reunirá a figuras do baile internacional, procedentes de lugares como Malaisia, Reino Unido, Suecia, Rusia, Estados Unidos ou Dinamarca.
O evento terá lugar no Hotel Carlos I Silgar.
O 'west coast swing', explicaron na presentación, é un tipo de baile en parella que se distingue por unha estética elástica entre os bailaríns e por dar moita marxe á improvisación.
Tal e como confirmou o promotor da cita, Francisco Vidal, acompañado da edil de Cultura e Eventos, Elena Torres, apuntáronse 130 bailaríns que ademais do baile "veñen pola inmersión e a experiencia tanto cultural como gastronómica".