A camelia, protagonista en Marín durante esta fin de semana
Por Redacción
A camelia volveu ser protagonista en Marín durante esta fin de semana coa sétima edición da 'Mostra Camelias e Mar' no Museo Municipal Manuel Torres.
Tras a inauguración deste sábado, a mostra estará aberta ao público ata Eeste mesmo domingo ás 20:00 horas.
Paralelamente a ela, na Alameda de Marín pode gozarse da exposición itinerante 'A camelia, flor de galegos e galegas', que recalou na vila despois de pasar pola praza de Santa María de Pontevedra.
Esta mostra ao aire libre está composta por imaxes e textos que desvelan algunha que outra curiosidade da flor.