A UNED ofrece un curso sobre violencia de xénero desde a perspectiva do trauma
Por Redacción
A violencia de xénero é o eixo xenérico do curso en liña que se impartirá desde o centro da UNED de Pontevedra entre o 20 de febreiro e o 2 de abril. A acción formativa abordará este tipo de malos tratos desde a perspectiva do trauma.
O contido para impartir sobre violencia de xénero inclúe conceptos básico na área legal, histórica e educativa. Aínda que está aberto a público xeral, ten especial interese para estudantes de Psicoloxía, Educación Social ou Traballo Social. Falarase de teorías explicativas de violencia de xénero, tipos e dinámicas destes malos tratos, trastornos psicolóxicos máis frecuentes, bases teóricas do trauma e a súa abordaxe psicoterapéutico.
A persoa encarga de impartilo é Mª Teresa Hernaez Casal, profesora-titora e psicóloga especializada en Igualdade e Violencia de Xénero. A dirección do curso corresponde a Julia Crespo Comesaña, profesora-titora do centro pontevedrés e a coordinación a Rafael Cotelo Pazos, responsable do Departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais.
O prezo é de 45 euros por alumno e outorga un crédito ECTS. Pode seguirse en directo ou diferido sen necesidade de acudir ao centro e o horario será todos os martes das datas indicadas de 16.00 a 20.00 horas.
Relacionadas:
-
Un curso da UNED en Pontevedra analizará os dereitos e garantías da persoa na era dixital
Por Redacción |
-
Un home con orde de afastamento por violencia machista, detido agora por agredir outra vítima
Por Natalia Puga |
-
O contedor solidario da UNED xa chegou a Senegal
Por Redacción |
-
A nova figura do coordinador de benestar e protección nos centros educativos centrará un curso da Uned
Por Redacción |
-
A UNED conmemora o Día da Nena e a Ciencia cunha exposición sobre mulleres astrónomas
Por Redacción |