Ecoloxistas en Acción recolle tres sacos de pellets na Lanzada e critica que o dispositivo da Xunta "brilla pola súa ausencia"
Por Diego Espiño
Un grupo de voluntarios convocados por Ecoloxistas en Acción protagonizou este sábado unha xornada de limpeza nunha das praias icónicas das Rías Baixas, A Lanzada.
Segundo explicou a asociación ecoloxista tras aproximadamente tres horas de labor sobre a area conseguíronse retirar tres sacos de pellets e outros residuos plásticos.
Seguimos na primeira liña do litoral recollendo pellets e plásticos na praia da Lanzada (O Grove).
— Ecoloxistas en Acción Vigo-Rías Baixas (@ecoloxistasvigo) January 27, 2024
Hoxe as voluntarias recollimos 3 sacos de pellets mentras o dispositivo de limpeza da Xunta brila pola súa ausencia. Ten que poñer máis medios! pic.twitter.com/TFsGgUPJg2
Ecoloxistas en Acción cualificou por outra banda como "insuficiente" o dispositivo oficial de limpeza a Xunta de Galicia ante a crise dos microplásticos afirmando que "brilla pola súa ausencia".
"Levamos varias xornadas facendo limpezas de praias e ata o de agora só atopamos unha única cuadrilla de Tragsa", explicou o coordinador do Grupo Rías Baixas da organización ambiental, Xaquín Pastoriza, criticando que "a Xunta ten un dispositivo de 200 persoas e con eso pensa que chega para limpar toda a costa galega, cando nós temos estado 100 personas unha xornada enteira nunha soa praia e esta non quedou totalmente limpa".
"Basta xa de que a Xunta tente agochar o problema e rebaixe o nivel de protección, xa é hora de que poña os medios e o persoal suficiente para paliar este desastre", concluíu o portavoz de Ecoloxistas en Acción.
Voluntariado das nosas brigadas de limpeza recolleron varios sacos de pellets e outros materias plásticos na praia de A Lanzada.
— Federación galega de Ecoloxistas en Acción (@ecoloxistas) January 27, 2024
Denunciamos a escaseza de medios adicados á limpeza de pellets polo Goberno. É totalmente insuficiente o dispositivo de Tragsa contratado pola Xunta. pic.twitter.com/buNVUTQYLn
Relacionadas:
-
Unha marea humana toma Santiago "en defensa do mar" ante a crise dos pellets
Por Natalia Puga |
-
Apenas 200 pellets, 200 quilos de lixo e algunhas curiosidades na xornada de limpeza das praias de Marín
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
200 voluntarios retiran 600 gramos de pellets e 42 sacos de residuos das praias de Sanxenxo
Por Natalia Puga |
-
A Xunta cre que os pellets van cara ao Cantábrico
Por Oskar Viéitez |
-
Piden responsabilidade para non difundir "esaxeracións e falsidades" sobre os pellets que afecten o turismo e a pesca
Por Natalia Puga |