Ábrese o prazo para participar na Pontevedrada 2014, unha marcha solidaria a Santiago
Por Redacción
A IV edición da Pontevedrada xa quenta motores. Desde este luns 10 de febreiro está aberto en prazo de inscripción gratuita para participar nesta iniciativa solidaria. Trátase dunha marcha nocturna e ininterrumpida de 63 quilómetros entre Pontevedra e Santiago de Compostela, a través do Camiño Portugués. Pretende concienciar á poboación da gran importancia que ten a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos.
A marcha arrincará da Praza da Ferrería ás 20.00 horas do próximo 26 de abril. Efectuaranse breves paradas de descanso e refrixerio nocturno en Barro, Caldas de Reis, Pontecesures e Padrón, antes de entrar ao mediodía do domingo na compostelana Praza do Obradoiro, onde posteriormente prevese efectuar un sorteo de agasallos doados solidariamente.
A organización da IV Pontevedrada invita a participar a cantos marchosos solidarios queiran, recordando que non é obligatorio completar a camiñada, e que se conta co apoio loxístico de varios vehículos equipados de asistencia en ruta.
Aconséllase levar chaleco reflectante, linterna ou frontal e baterías de reposto, teléfono móbil cargado, bebida e alimento lixeiros, roupa de abrigo e chubasqueiro, bastóns de trekking, calzado e calcetíns de reposto e un pequeno botiquín.
Os interesados en participar nesta marcha solidaria poden anotarse a través do correo electrónico pontevedrada@gmail.com ou nos teléfonos 619 56 63 03 e 639 61 53 36.
Para máis información: www.facebook.com/pontevedrada e www.pontevedrada.blogspot.com.