Besteiro ofrece a alcaldes e portavoces socialistas "información detallada tódolos días" sobre a marea de 'pellets'
Por Redacción
O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, reuniu este luns no Grove unha trintena de alcaldes, alcaldesas e portavoces socialistas de municipios costeiros afectados pola crise dos 'pellets'.
O obxectivo do socialista era, asegura, contituir un grupo de traballo para "facer o que tiña que facer o presidente da Xunta", ofrecendo "información detallada tódolos días e as 24 horas".
Para Besteiro o goberno galego está a pecar de "falla de liderado, resposta, inacción e falla de competencia".
O candidato do PSOE presentou un catálogo de cinco propostas para facer fronte á crise dos microplásticos empezando pola constitución de comités de crises que reúnan a todas as administracións afectadas, incluíndo neste apartado os concellos a través da Feagmp.
Ademais reclamou recursos materiais e humanos para que os concellos poidan afrontar a limpeza sen custo, xunto información científica e transparente que combata a "falla de seguridade, de información e as mentiras" que provocan desconcerto e indignación na poboación.
Por último pediu unha campaña de difusión e apoio á promoción da calidade dos produtos pesqueiros e marisqueiros así como "información clara sobre os procedementos de reclamación penais e civís" sobre os gastos e os danos que se produzan derivados da chegada de pellets ás costas.
Relacionadas:
-
O PSdeG defende a xestión pública da residencia da terceira idade da Fundación Amancio Ortega
Por Oskar Viéitez |
-
As outras cifras da marea de 'pellets' na costa: recollen máis plásticos que granulados
Por Natalia Puga |
-
Sábado de intensa vixilancia nas praias das Rías Baixas na busca de máis pellets
Por Alejandro Espiño |
-
Atopan verteduras de plásticos nun afluente do río Gafos
Por Redacción |
-
Rueda garante "cordura e estabilidade" frente á "confrontación" dun multipartito
Por Redacción |
-
Rastrexo intensivo nas praias de Poio ante a previsible chegada de máis pellets
Por Redacción |
-
Pechan a praia de Lourizán tras detectarse 'pellets' en "pouca" cantidade
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |