Lores di que "hai que ser moi inxenuo" para crer que non pode tomar forma unha moción de censura en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Á primeira hora deste mércores reuniuse a Xunta de Portavoces do Concello de Pontevedra para preparar o pleno do próximo luns día 8, ás once da mañá, no Teatro Principal cun único punto na orde do día a moción de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos municipais que presentou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Ata que se resolva esta cuestión será alcalde "en funcións" xa que, tal e como lembrou o propio rexedor "estou poñendo o cargo de alcalde a disposición da Corporación"
"Se tomei a decisión de presentar unha moción de confianza é porque hai unha confluencia en obstruir que o fai necesario", engadiu.
Lores admitiu estar "preocupado" na súa comparecencia ante os xornalistas, pois o chamamento ao "sentidiño" dirixido onte á oposición para "garantir a gobernabilidade no Concello" non tivo resposta. "Os contactos están abertos sempre, pero non hai variación respecto a a posición que están a ter", explicou.
De modo que, de novo, reiterou ese chamamento lembrando que os orzamentos están prorrogados desde o pasado día 2 de xaneiro e desta maneira "o Concello reséntese profundamente comprometendo as prestacións e os servizos municipais".
"É máis importante que o Concello funcione, sexa eu alcalde ou non sexa alcalde", declarou.
"É máis importante que o Concello funcione, sexa eu alcalde ou non sexa alcalde"
Lores recalcou que é un tema "transcendental" fronte a quen opina que "non vai pasar nada" e neste sentido, expresou a súa convicción de que pode cristalizar unha moción de censura entre o PP e o PSOE, "hai que ser moi inxenuo para pensar que non se poidan poñer de acordo nunha moción de censura", dixo.
Segundo argumentou Lores, esta moción de censura é posible "tendo a capacidade de como teñen o Partido Popular e o Partido Socialista de coincidir en temas absolutamente fundamentais, que está a pasar todos os días, se non coinciden, póñense de acordo rapidamente".
Para ilustrar a súa tese o alcalde en funcións citou tres exemplos nos que PP e PSOE sumaron forzas: a apertura de Raíña Victoria, o traslado da feira á Alameda ou "a subida salarial aos funcionarios, outra subida por encima do 10% que chaman a RPT".
A pesar de que o portavoz do PSOE reiterou en numerosas ocasións que o seu grupo nunca fará alcalde ao portavoz do PP, Rafa Domínguez para Lores iso "será porque non lle deixan", dixo en referencia á dirección do Partido Socialista en Galicia, "porque a práctica de todos os días indica que non hai inconveniente en chegar a acordos en cuestións que eles consideran fundamentais".
Polo que o alcalde en funcións repetiu "vou volver a facer un chamamento a que permitan que o Concello funcione ou senón a que presenten coherentemente unha moción de censura, e por iso poño o meu cargo a disposición. Non é unha cuestión baladí".
Relacionadas:
-
"Nin medio socialista" fará alcalde a Rafa Domínguez, di Iván Puentes, que acepta negociar "proxectos concretos"
Por Alejandro Espiño |
-
Lores lamenta que PP e PSOE se poñan de acordo "para destruír e para que as cousas non funcionen"
Por Alejandro Espiño |
-
Lores non logra a confianza do pleno e reta a PP e PSOE a "articular" unha alternativa
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PSOE critica os "despóticos delirios de cacique autócrata" do alcalde de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde de Pontevedra remite unha carta aos voceiros do PP e o PSOE "ante unha situación excepcional"
Por Oskar Viéitez |
-
"Al señor Puentes no le interesa ni Pontevedra ni le interesa su programa electoral, solo le interesa medrar dentro de su partido"
Por Oskar Viéitez |
-
Moción de censura. "Se Iván Puentes pensase no interese real dos pontevedreses e non no interese do seu partido podería haber algunha oportunidade"
Por Oskar Viéitez |
-
Chamamento de Lores a PP e PSOE para que "garantan a gobernabilidade"
Por Oskar Viéitez |
-
Lores anuncia unha cuestión de confianza ao saír rexeitado o orzamento do Concello
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |