O Nadal volve "poñer o foco" no mercado, con música, un mercado creativo e badaladas adiantadas
Por Natalia Puga
O empeño do Goberno local de Pontevedra en volver a "poñer o foco" no mercado de abastos deixarase ver este ano durante o Nadal cunha completa programación festiva que incluirá un importante compoñente musical e tamén un mercado creativo de creadores emerxentes e unha festa de Noitevella coas badaladas adiantadas ás dúas de tarde.
A concelleira responsable de mercados, Anabel Gulías presentou a programación acompañada por Marcos Rivas, responsable da empresa promotora Jack & Jack, que colabora na programación musical
Gulías lembrou que este Goberno municipal sempre confiou na "importancia desta infraestrutura" como equipamento cultural e, neste liña, xa a semana pasada organizouse un concerto secreto no mercado con "moi boa acollida". Coa programación de Nadal queren aproveitar para "volver poñelo non mapa".
A programación prolongarase entre os días 27 e 31 de decembro e recuperará o espírito co que empezaron a programar na praza de abastos en 2015. Durante eses días, haberá un mercadio emerxente e creativo con máis de 20 postos nos que a poboación poida comprar os seus agasallos de Nadal.
Para atraer xente ata esta zona do centro histórico de Pontevedra tamén organizan o día 27 unha cata de viños con maridaxe, o xoves 28 unha cata de cervexas artesás con maridaxe e o venres 29 un espectáculo para nenos 'O mundo dos peixes'. Todo ás 18.00 horas
Polas noites, a partir das 20.30 horas, poñeranlle música ao mercado cunha programación que subirá ao escenario a músicos e músicas locais.
A programación estrearaa Tony Lomba o mércores 27. O xoves 28 haberá un concerto de Flip Corale. O venres 29 será a quenda de V de Maceta. E o sábado 30 actuará Su Garrido pola tarde e haberá unha sesión vermú de micro aberto de Black Hole, un formato que "funciona moi ben" ao que convidan a músicos e músicas da cidade a que collan o micro.
A programación terminará o domingo 31 cunha festa adiantada de fin de ano. Pola mañá haberá un taller infantil para que os máis pequenos fagan o seu propio cotillón, ás 13.00 horas haberá unha festa infantil e ás 14.00 horas todo o mundo está convidado ás particulares badaladas adiantadas de Pontevedra.
O Concello convidan á poboación para tomar as as uvas, comer algo rápido e acudir á carreira San Silvestre.
A intención municipal é seguir traballando nesta liña o resto do ano.
Relacionadas:
-
ZenToloz, receitas clásicas con toque innovador, produto Km0 e o aviso dun futuro prometedor
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Fin de semana de actividades intensas antes de Aninovo
Por Redacción |
-
Tony Lomba repasa clásicos musicais no Mercado ao berro dos fans: "Tony, a Eurovisión"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Restricións de tráfico durante o domingo 31 con motivo da San Silvestre
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |
-
Xa é tempo de xogos no Nadal pontevedrés
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Entrada no inverno nas Rías Baixas con anticiclón de nadal
Por Redacción |
-
Nadal Xogos e a carpa de xogos da Alameda entran en escena na programación festiva da Boa Vila
Por Redacción |
-
Obras de emerxencia nas cámaras frigoríficas e no depósito de augas inauguran a "posta a punto" do mercado
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os barrios da Parda e San Antoniño preparan accións especiais polo Nadal
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Reparten 27.000 flyers para fomentar as compras no comercio local
Por Redacción |
-
O PP comparte "ao 100%" a necesaria revitalización do mercado, aínda que cre que "chega tarde": "deixárono morrer"
Por Natalia Puga |
-
Lanzan o "Plan Mercado", que busca converter a contorna da praza na "zona cero" do comercio local
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |