O concelleiro socialista vigués Abel Losada, novo subdelegado do Goberno en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de Estudos e Análises Económico do Concello de Vigo, Abel Losada, será o novo subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra.
Despois do 31 de agosto coa xubilación da anterior titular Maica Larriba, o cargo ostentábao en funcións María Isabel Alonso de Linaje Calzada.
O portavoz local do PSOE en Pontevedra, Iván Puentes, felicitou a Abel Losada por este nomeamento. "Para o grupo municipal do PSdeG-PSOE é unha fantástica noticia", dixo.
Iván Puentes engadiu "é unha persoa que podemos definir claramente de pontevedrés" porque foi profesor da facultade de Ciencias Sociais e de Comunicación "e ten lazos persoais e familiares con esta cidade, na que pasa moito tempo e coñece á perfección".
O novo subdelegado provincial é ourensán e ten 59 anos. É unha persoa de confianza do alcalde de Vigo, Abel Caballero. Actualmente é concelleiro de Estudos e Análises Económico e profesor na Facultade de Económicas da Universidade de Vigo.
Membro da Comisión Executiva Nacional do PSdeG-PSOE desde outubro de 2000, foi deputado no Parlamento de Galicia (2005-2019) e director xeral do Gabinete de Presidencia da Xunta de Galicia en 2008.
Relacionadas:
-
"A área urbana Vigo-Pontevedra existe, é unha obviedade. A realidade económica, demográfica e funcional está aí"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Subdelegación de Abel Losada, "un antídoto aos negacionismos e un altofalante para a política útil"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Xa é oficial, Abel Losada é o novo subdelegado do Goberno en Pontevedra
Por Natalia Puga |