Cada venres "A playlist de..." en PontevedraViva Radio dános a oportunidade de coñecer a parte descoñecida de moitos pontevedreses aos que cremos coñecer. Os seus gustos musicais son a escusa para achegarnos a eles.
Nesta ocasión temos a Fernando Lafuente Lestón, arquitecto de profesión e licenciado tamén en Belas Artes. No 95 embarcouse xunto a Juan Luís Pedrosa na política, e sendo concelleiro de Urbanismo puxo o punto de inflexión, co Plan Urban, á transformación do centro histórico pontevedrés.
Desde o "Lola" dos Brincos, pasando polos Who nesta etapa da súa vida extrae a David Brubeck's. Non é home de gardar recordos en caixóns, senón na memoria, pero conserva as entradas dos concertos de Cat Stevens, Jetro Tull e Génesis.
Di o dito popular que na vida hai que facer tres cousas: escribir un libro, plantar unha árbore e ter un fillo. Fernando Lafuente escribiu oito poemas, ten plantados moitas árbores e é pai dun fillo e unha filla. Seguindo a súa biografía habería que engadir un cuarto epígrafe: na vida hai que terminar 18 maratóns.