Xeración Sónica VI edición

Xeración Sónica VI edición

Dom | 17:00 | 17:15

'Recreos ao vivo' é unha novidade que trae consigo esta sexta edición do proxecto Xeración Sónica e que supoñerá que estas bandas de promesas locais que participan da iniciativa actúen ante público escolar.  Antes, a novidade máis inmediata é a publicación do recompilatorio de grupos da edición anterior. Será este próximo 11 de abril cando estará xa dispoñible na plataforma Spotify  Doce temas de seis bandas: Les Poubelles, Ornitorrincos, Malo Será, Simpsonhead, Rek e Vermes.

Neste 2024 está a funcionar a sexta edición do proxecto que promove o Concello de Pontevedra. Incorporáronse dous novos grupos, Ultracorpos e Vega; e continúan REK, Vermes, Ornitorrincos e a banda feminina que o pasado curso chamábanse Les Poubelles. Xeración Sónica "goza de boa saúde", o boca orella está a funcionar a través das experiencias de quen participa.

 

Xeración Sónica

Xeración Sónica é un proxecto da área de Xuventude do Concello de Pontevedra. Trátase un programa anual onde mozos e mozas da cidade se unen en equipos creativos para dar vida a proxectos artísticos únicos e irrepetibles.
 

Fechar