Xeración Sónica: Ornitorrincos

Xeración Sónica: Ornitorrincos

Ven | 18:00 | 18:14

Ornitorrincos son un quinteto que por primeiro ano participan no proxecto Xeración Sónica. Intégrano Sara Esperante García (voz e baixo), Lucas Maigler Landín (teclado), Antón Merino (batería), Roi Mariño (guitarra) e Oliver Martínez Fresco (guitarra). O estilo de música que fan, como explica o seu titor Alejandro Alonso, está influenciado polo rock dos noventa, no emo rock, o rock sinfónico e poderían asemellarse ao estilo dos Smashing Pumpkins. 

Estes adolescentes afirman que o traballo semanal no Local de Música "é o mellor momento da semana porque é moi entretido e pasámolo moi ben". Responsables desta conclusión son os monitores de Xeración Sónica que realizan a tarefa de forma  "moi natural. Nós somos artistas no noso ámbito, levamos anos traballando en proxectos musicais, facendo e desfacendo bandas, tocando en directo e tentamos transmitir esa experiencia e a naturalidade do proceso. Creo que funciona bastante ben e diso estamos orgullosas".

Precisamente esa bagaxe que traen e trasladan aos rapaces fai que estes últimos e os adultos retroaliméntense en ocasións tan especiais como poden ser os escenarios, os directos: "pasar os nervios incribles da primeira vez une moitísimo e é moi bonito. Para nós agora tamén o é ver como se enfrontan a ese momento especial. O primeiro que viviron foi o Vira Fest, estaban nerviosos pero estivo guay", di Alonso referíndose á experiencia do pasado marzo en Paredes de Coura (Portugal).

Para este episodio do podcast, Ornitorrincos interpretan o tema 'A nosa dor'

Xeración Sónica

Xeración Sónica é un proxecto da área de Xuventude do Concello de Pontevedra. Trátase un programa anual onde mozos e mozas da cidade se unen en equipos creativos para dar vida a proxectos artísticos únicos e irrepetibles.
 

Fechar