Xeración Sónica: Rek

Xeración Sónica: Rek

Ven | 18:00 | 18:15

Nome conciso para a banda máis numerosa desta edición: Rek. Son Beatriz Falcón (teclados), Julia Pérez (voz e guitarra), Noa Martínez (baixo), Unai Turnes (guitarra) e completan Ana (guitarra e voz) e Alba (batería). Foron Sentimento Omega inicialmente pero ao reconfigurar os seus integrantes, adoptaron este nome "por unha broma habitual que faciamos dentro do grupo". O seu titor, Gonzalo Maceira sitúaos sonoramente nun pop rock alternativo con algúns matices máis e un son na batería moi persoal. Son cinco mozas na banda e reivindican a súa presenza: "que haxa bandas femininas é unha marabilla porque se necesitan mulleres na industria musical e Rek somos un exemplo". Máis nada que engadir á súa afirmación. 

Todos coinciden na aprendizaxe que lles achega unha iniciativa como esta. Primeiro citan o valor como grupo: "o que máis valoro é traballar en equipo para sacar o maior proveito de cada un" e seguidamente que esta actividade conxunta posibilítelles desenvolverse en algo que lles atrae: "actividades como Xeración Sónica son moi boas xa que nos permiten expresarnos coa música que máis nos gusta" e expresarse ademais con oportunidades en directo das que nos falaron neste podcast.

Outra das titoras deste proxecto do Concello de PontevedraVioleta Mosquera, fala de como se desenvolven estes mozos cada ano en Xeración: "cos primeiros temas necesitan máis axuda, pero en canto consolídanse mola moito cando veñen coas súas letras e as súas rifs. Tamén cando xa collen carrerilla e teñen ás para voar sós".  

Interpretan: 'Anxo ou demo'.

 

Xeración Sónica

Xeración Sónica é un proxecto da área de Xuventude do Concello de Pontevedra. Trátase un programa anual onde mozos e mozas da cidade se unen en equipos creativos para dar vida a proxectos artísticos únicos e irrepetibles.
 

Fechar