A Cafetera #23feb2017
Xov | 08:30 | 09:39
Pepe Moratal, estibador, Delegado sindical e responsable de Comunicación de Coordinadora-Somt Valencia, foi entrevistado na Cafetera de radiocable.com . Segundo estes traballadores, está a producirse "un ERE encuberto". Na súa opinión os 6.000 e pico traballadores dos portos quedarían nas listas do paro. "En 3 anos seriamos fulminados", asegurou Moratal. "Estamos a falar de indemnizacións de 20 días por ano a cargo do erario público", advertiu (entrevista a partir do minuto 15:43). Ante "a brutal campaña de intoxicación sobre os salarios", Pepe Moratal explicou as condicións nas que traballan os estibadores: "en horarios que denominamos supernocturnos, traballamos festivos, o noso salario ten unha porcentaxe dedicada á produtividade, o tráfico é moi irregular e hai días que tes que dobrar". Así, "con todos estes condicionantes e estes horarios tan extremos" explícanse os salarios.