La Cafetera #01mar2018
Xov | 08:30 | 09:44
O exalcalde de Sada, localidade onde se sitúa o Pazo Meirás -residencia da familia do ditador Franco e hoxe en disputa-, conversou co programa "La Cafetera" de radiocable.com . Abel López Soto reflexionou sobre o futuro e a posible utilidade do Pazo de Meirás.
O Pazo de Meirás, é un palacete señorial situado en Sada (Provincia da Coruña), España. Os herdeiros do ditador Franco han posto á venda o palacio galego, a pesar das dúbidas que existen sobre a lexitimidade do seu patrimonio. Nos últimos días foi obxecto de interese internacional. Ademais coñeceuse un informe xurídico que avala de forma “sólida e contundente” que o Pazo de Meirás debería ser de titularidade pública.
Cales son as razóns polas que a familia Franco pono á venda? Quen podería comprar unha propiedade sobre cuxa titularidade legal existe tanta controversia? Espera a familia Franco que sexa a administración quen o compre?