A Cafetera #16feb2017
Xov | 08:30 | 09:38
A eurodeputada e responsable de internacional en EU, Marina Albiol, foi entrevistada tras ser testemuña da aprobación do CETA no Parlamento Europeo. Unha aprobación ante a que Albiol sente esperanzada porque "agora vén o proceso de ratificación dos Estados, e con que se pare nun xa se para o CETA". Ademais esixirán "un referendo para que todas podamos votar se queremos ou non o CETA. Porqué vai afectar ás nosas vidas?", lembrou. Un exemplo das consecuencias que tería este tratado comercial entre a UE e Canadá (CETA) é que, "se un concello decide remunicipalizar a auga, unha multinacional da auga pode poñerlle unha demanda multimillonaria co obxecto de que lles está prexudicando", explicou Mariña Albiol. Xa que, dixo, "así funcionan os tribunais de arbitraxe".