Adriana, xogadora do Leis, desmaiase ao final do encontro en Navalcarnero
Por Diego Espiño
O de menos foi a derrota (4-2) do Leis feminino na estrea da Segunda División Nacional. O realmente importante é que o esvaecemento de Adriana, xogadora do equipo pontevedrés, quedou nun susto tras a intervención dos equipos de emerxencia.
Manuel Piñón, directivo do conxunto lerezano, recorda as escenas vividas no pavillón como de moita tensión,"estábamos muy asustados. No se tenía en pie, los brazos se le caían y no respiraba bien".
Tras a intervención dos servizos sanitarios, Adriana foise repoñendo pouco a pouco e puido regresar co resto da expedición máis de tres horas despois da conclusión do partido.
Esta mañá, xa na casa, a xogadora acudiu ao médico para realizar máis probas e coñecer o alcance exacto da doenza.
O Leis quere agradecer o trato recibido pola Policía Local e polos técnicos do SAMUR, pero denuncia o desleixo da directiva do Atlético de Madrid Navalcarnero, "a la media hora de terminar el partido, allí no quedaba nadie, se desentendieron totalmente".
O Poio Pescamar arranca con vitoria
A cara positiva da xornada foi a vitoria, con remontada incluída, do Poio Pescamar na casa ante o Tenerife Chaboyme (2-1). As rapazas adestradas por Marcio Santos mereceron, por ocasións, acadar un resultado máis amplo.