PP, PSOE e Marea de Marín mostran as súas cartas de cara ao 24-M
Por Redacción
PP, PSOE e Marea Marín mostraron este sábado as cartas coas que se presentarán ás eleccións municipais do 24 de maio. As tres agrupacións presentaron pola mañá as súas candidaturas en actos públicos ao aire libre en distintos puntos da localidade.
A alcaldesa e candidata á reelección polo PP, María Ramallo, xa presentara os 12 primeiros números da súa lista días atrás, pero este sábado sacou á luz os 21 nomes que completan a candidatura e dez suplentes, dos que indica que se trata dun grupo de persoas diversas, de distintas idades que apoian fundamentalmente a liña e as actuacións do seu equipo.
Defende María Ramallo que o seu equipo demostra "a unión, a unidade de acción, a responsabilidade, as ideas, as distintas sensibilidades, as distintas parroquias" e explicou que se presentan para continuar desbloqueando e executando un proxecto de cidade para Marín baseado no seu porto, as súas infraestruturas e o desenvolvemento ordenado. O seu obxectivo é "converter a Marín nun potencial importante cunha reforma urbana en marcha que debe continuar e trasladarse a moitas zonas".
A maioría do grupo de goberno actual repite nunha candidatura que completan, por esta orde, Manuel Santos Costa, Marian Sanmartín García, María José de Pazo Allariz, Francisco José Estévez Salazae, Cristina Acuña González, Pablo Novas Caballero, Antonio Traba Miñones, Beatriz Rodríguez Gómez, Benito Touriño Touriño, José Cidrás Rosales, Eugenio García Piñeiro, Ramiro Gestido Pousada, Carmen Itciar Álvarez Tapia, Ana Teresa Iglesias Soto, José Luis Lago Garcia, José Ramón Abal Pazos, Abraham Ruibal, Mirian Fariña Filgueira, Cristina Buceta Portabales e María del Carmen Garcia Campelo.
O PSdeG-PSOE aspira a recuperar a Alcaldía que María Ramallo gañou a Francisco Veiga cunha lista que encabeza a actual concelleira socialista Luz Santiago Suárez. A alcaldable presentou os 13 primeiros nomes da candidatura "porque non temos medo ás cifras".
María González Recamán, Iván Pastoriza Pazos, Constante Juan Muradas Ramos, Lucila Cano Santiago, Juan Manuel Rosales Pérez, María de los Ángeles Besada Rosales, Raúl Siso Carballo, Carmen María Villanueva Santiago, María del Pilar Santos García, Bruno Villanueva Martínez, María José González Carballo e Julián Carabelos Pérez completan a candidatura.
Marea de Marín afronta o seu primeiro asalto á Alcaldía cunha candidatura encabezada por Sandra Pesqueira.
Relacionadas:
-
O PP propón construír unha nave para deportes náuticos no paseo marítimo e un polideportivo en Seixo
Por Redacción |
-
Besteiro arroupa a Luz Santiago como candidata do PSdeG-PSOE en Marín
Por Alejandro Espiño |
-
María Ramallo aposta pola continuidade para tratar de revalidar a súa maioría absoluta en Marín
Por Redacción |