Destacado papel do Club Loita Pontevedra na Copa Maider Unda
Por Redacción
A localidade vasca de barakaldo foi escenario a fin de semana da Copa Maider Unda de loitas olímpicas, un torneo internacional de homenaxe á medallista olímpica ao que non faltou o Club de Loita Pontevedra.
Viaxando coa Selección Galega, catro deportistas do club pontevedrés acudiron á competición, pisando tres deles o podio.
O mellor resultado foi o de Nadia Zholtikova na categoría U15 (46 quilos), gañando os seus catro combates con superioridade para levar a medalla de ouro.
Ademais Samuel Pérez foi segundo na modalidade de loita grecorromana U15 (62 quilos), mentres que Iago Fernández conseguiu o bronce na loita olímpica sénior (97 quilos).
Tamén representou ao Club de Loita Pontevedra, en categoría U17, Roi Gómez finalizando na décima posición.
Relacionadas:
-
Unha xornada de loitas olímpicas no CGTD na memoria de 'Sasha'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Nadia Zoltikova, concentrada coa selección nacional de loita para preparar o arranque de tempada
Por Redacción |
-
A brasileira Lais Nunes corta as ás a Lydia Pérez no Mundial de Loita
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez triunfa nos Xogos do Mediterráneo de loita praia
Por Redacción |