Remontada no último minuto do Poio Pescamar sobre o Atlético Torcal (3-1)
Por Redacción
Emocionante encontro entre Poio Pescamar e Atlético Torcal disputado na Seca onde as conserveiras lograron orquestrar unha remontada para enmarcar a falta dun minuto para a conclusión.
Púidose adiantar o cadro conserveiro nada máis soar o asubío inicial por medio de Rocío Gómez, que se plantou diante de Valeria pero o man a man gañouno a gardameta.
Ata o minuto 9 de xogo non volveu haber máis ocasións. Saki estivo preto de marcar para as locais e pouco despois África, pero Elena detivo o intento das rivais.
Nada puido facer, con todo, para evitar o gol na seguinte ocasión da xogadora do Torcal, que aproveitou unha perda das locais para bater á gardameta e subir o 0-1 ao marcador.
Buscou a reacción o Poio Pescamar por medio de Carla Ayensa por partida dobre, primeiro cabeceando fóra por moi pouco un saque de esquina de Rocío Gómez e despois un pase de Elena Aragón que só tiña que empuxar a gol.
Alcanzáronse así os últimos minutos do primeiro tempo nos que África non acertou a finalizar un contragolpe das malagueñas e tampouco Ale de Paz, por parte das vermellas, que estivo a piques de igualar ao fío do descanso con senllas oportunidades. Unha cun bo tiro que deu nunha defensora e foise rozando o pau, e a outra tras un pase de Laura Uña.
Despois do paso polos vestiarios foi a por o partido o Poio Pescamar, que igualou no minuto 27 despois dunha boa xogada entre todas as xogadoras que finalizou Rocío Gómez no interior da portería.
Seguiu tentando voltear o resultado o equipo da Seca, especialmente por medio de Ale de Paz, que gozou de innumerables ocasiones pero non conseguiu atopar o seu premio.
Quedaban dous minutos de encontro e o marcador seguía sen moverse. Laura Uña estrelou o seu disparo ao traveseiro e, a falta dun minuto e 4 segundos para a conclusión, chegou a reacción conserveira.
Tras unha boa xogada trenzada con cinco xogadoras sobre a cancha Lara Balseiro obrou a remontada tras un pase da morte de Laura Uña, e case sobre a bucina, aproveitando un erro de saída do Atlético Torcal, que estaba a xogar sen porteira, asinou por medio de Irene o 3-1 co que asegurou o triunfo.
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar queda seco en Melilla (3-0)
Por Redacción |
-
Empate épico entre Poio Pescamar e Futsi Navalcanero (5-5)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Traballada vitoria do Poio Pescamar ante o pechacancelas Leganés (1-5)
Por Redacción |
-
Desafíos opostos para Marín Futsal e Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Empate amargo para o Poio Pescamar contra o Roldán nun partido para a historia (4-4)
Por Diego Espiño |
-
O Burela deixa o Poio Pescamar sen fase final da Copa da Raíña (4-2)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar sentenza no primeiro tempo o derbi ante o Ourense Envialia (2-0)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar rompe a imbatibilidade do Arcorcón (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |