Quinto posto para a Gimnástica na Copa do Rei de atletismo
Por Redacción
Notable papel da Sociedad Gimnástica na súa terceira participación na Copa do Rei de Atletismo, finalizando no quinto lugar.
O equipo pontevedrés concluíu a competición con 47 puntos para repetir a clasificación lograda hai un ano, aínda que durante algúns momentos chegou a situarse en terceiro lugar.
Entre os atletas da Gimnástica destacaron as actuacións de Julián Ortiz, segundo en 60 valos, Víctor Riobó, tamén segundo nos 1.500 metros, e Lysvanys Pérez, terceiro en triplo salto.
O gañador da Copa do Rei foi o Fútbol Club Barcelona (95 puntos), por diante de Playas de Castellón (90) e Huracán Fent Camí (60).