Clasificarse para Río 2016, o 'soño olímpico' de Támara Echegoyen e os irmáns Antón e Carlos Paz
Por Redacción
A vela española desvelou este mércores o seu 'soño olímpico': clasificar ao noso país en todas as disciplinas olímpicas do programa de Río 2016. "Es una tarea difícil, pero no imposible", sinalou o director de preparación olímpica, Toni Ripoll, nun acto celebrado nas instalacións do Consello Superior de Deportes (CSD) en Madrid. En total, 41 deportistas integran o novo conxunto olímpico español de vela.
Entre eles, destaca a presenza de Támara Echegoyen, ouro en Londres 2012, e dos irmáns Antón e Carlos Paz, o primeiro deles campión olímpico en Pekín 2008 xunto co tamén pontevedrés Fernando Echávarri. Os tres forman parte "de un equipo donde hay mucho metal, con gente que lleva navegando muchos años y con varios Juegos Olímpicos a las espaldas", segundo o presidente da Real Federación Española de Vela, José Anxo Rodríguez.
"También hay gente joven con mucha ilusión y con muchas ganas de sacar grandes resultados", destacou José Anxo Rodríguez, quen reiterou, entusiasmado, que "sois el mejor equipo que tenemos, por lo que este debe ser el anuncio de los momentos felices que están por llegar. Tenemos la garantía de que vais a seguir ofreciendo éxitos en los Campeonatos de Europa y del mundo y en los Juegos Olímpicos".
No caso de Támara Echegoyen, campioa olímpica en clase match-race xunto a Sofía Touro e Ángela Pumariega (clase que non forma parte do programa olímpico para 2016), o seu obxectivo será chegar a Río de Janeiro nunha nova embarcación, a 49er FX, á beira da súa nova compañeira, Berta Betanzos. Nos seus primeiros meses navegando xuntas, ambas se mostran moi satisfeitas polos resultados alcanzados.
Pola súa banda, os irmáns Antón e Carlos Paz intentarán lograr a clasificación para os Xogos Olímpicos de Río 2016 na clase 49er. Levan adestrándose a bordo desta embarcación durante varios anos e empezan por fin a ver os seus froitos, sendo actualmente unha das parellas máis potentes da vela europea nesta clase. En 2013 lograron un podio nunha das probas do circuíto mundial e outro meritorio sétimo posto.
Brillar no próximo Mundial, que se disputará en setembro en Santander, é o reto máis inmediato dos integrantes do novo equipo olímpico español. Nesa cita xogaranse dez postos directos en cada clase para os Xogos Olímpicos de Río 2016.