Nova chamada de socorro do Teucro: "Estamos vivos por una auténtica casualidad"
Por Diego Espiño
Aproveitando unha convocatoria da Deputación de Pontevedra para entregar á Sociedad Deportiva Teucro a subvención que lle adxudicaron en 2013, por valor de 35.000 euros, o presidente da entidade deportiva, Carlos García-Alén, lanzou unha nova chamada de urxencia á cidade ante a "delicada situación" que atravesa a economía do club.
Con eses 35.000 euros, máis os aproximadamente 24.000 do Instituto Municipal de Deportes, o Teucro debe facer fronte antes do 20 de decembro a un pagamento de preto de 62.000 euros á Axencia Tributaria para evitar entrar en causa de disolución.
Por ese motivo ambas axudas ingresaranse directamente a Facenda, ao ser débeda privilexiada, unha vez solucionado o problema de certificacións que impedía á sociedade acceder ás subvencións.
Carlos García-Alén: "Nos va a ser muy difícil cumplir las obligaciones con Hacienda los dos próximos años"
Pero esta data será só un parche ante as cantidades que o Teucro debe afrontar en 2014, ao redor de 150.000 euros dentro dos prazos fixados pola Axencia Tributaria (14.000 en abril e 70.000 entre xullo e decembro) e o resto da débeda privilexiada, entrando automáticamente a entidade en liquidación se non cumpre algún destes pagamentos.
Nesta situación, cos ingresos actuais, García-Alén recoñeceu que "nos va a ser muy difícil cumplir las obligaciones con Hacienda los dos próximos años", polo que solicitou unha maior implicación das institucións pero tamén das empresas privadas e da afección para "que no se deje morir a la SD Teucro".
O presidente foi máis aló ao asegurar que tras atrasarse no pagamento o pasado verán "estamos vivos por una auténtica casualidad", ao detectar un erro no adiamento de débeda que permitiu reformular os prazos.
Tras salvar o 'mach ball' do 20 de decembro, o Teucro, segundo o dirixente azul, ten "un panorama despejado para finalizar la temporada, pero necesita apoyo para seguir".
Carlos García-Alén: "No me gustaría ser el presidente que tenga que liquidar el club"
Por si fose pouco, como a can fraco todo son pulgas, o problema coa certificación e a perda do partido da Selección Española, que o presidente da Federación comprometeu agora novamente, a entidade lerezana perdeu o dereito a cobrar case 55.000 euros que tiña comprometidos.
Así as cousas a débeda actual da entidade ascende a aproximadamente 1.200.000 euros, dos cales medio millón corresponde a débeda privilexiada, a pagar nestes anos inmediatos, preto de 600.000 euros son de débeda ordinaria, cun prazo de pagamento de cinco anos, e outros 600.000 de débeda subordinada, que non terían que afrontarse ata dentro de dez anos.
Un horizonte complicado pero que Carlos García-Alén ve posible "si todos tiramos en la misma dirección", porque "no me gustaría ser el presidente que tenga que liquidar el club", sentenciou o presidente ante a mirada das deputadas Begoña Estévez e Ana Isabel Vázquez.