Ilusión teucrista por "conseguir la mejor entrada en años" no Municipal ante o Granollers
Por Diego Espiño
A visita do Balonmano Granollers ao Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra nos oitavos de final de Copa do Rei (mércores 20:45 horas), vai resultar un pequeno balón de osíxeno para as maltreitas arcas da Sociedad Deportiva Teucro.
O club azul, a teor das previsións que manexa a través da campaña 'Oiavos, vivamos outro momentazo', espera recuperarse das perdas económicas derivadas das dúas primeiras roldas da competición, que ascenden a preto de 4.500 euros.
Segundo confirma o presidente teucrista, Carlos García-Alén, xa recibiron 2.500 euros a través dos comercios que adquiriron os bonos de desconto que permitirá os afeccionados acudir ao partido por cinco euros en lugar dos 12 que custa a entrada xeral.
Tamén deberán pasar pola billeteira os socios da entidade, pola mesma cantidade de cinco euros, o que fai pensar en "no sólo recuperarnos de los gastos, incluso sacar algún superavit".
Todo iso porque a entidade do rival, segundo clasificado da Liga Asobal tras a súa vitoria na última xornada ligueira, e o feito de que a eliminatoria se dispute a partido único, espertaron un grande interese na cidade de Lérez, provocando que segundo o presidente azul "se pueda conseguir la mejor entrada en años" no Municipal.
Dentro da campaña promocional da Copa, o Teucro reparte estes últimos días entradas en colexios e institutos para os nenos, uns bonos que outorgan a posibilidade de que dous acompañantes adultos accedan ao pavillón beneficiándose do desconto anunciado.
Relacionadas:
-
Derrota con honras para un sensacional Teucro (22-23)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
"Oitavos, vivamos outro momentazo! ", o Teucro pon en marcha unha campaña para o partido de Copa ante o Granollers
Por Diego Espiño |
-
Outro histórico para o Teucro en oitavos de Copa, o Fraikin Granollers
Por Diego Espiño |